Estudos de Lingüística Galega

Estudos de Lingüística Galega é unha revista anual fundada en 2009 co obxectivo de crear un espazo de análise crítica e difusión da investigación lingüística e asemade, de debate e intercambio arredor da lingua galega.

De acordo con este dobre obxectivo, a revista incorpora dúas seccións, Pescuda e Anada. En Pescuda publícanse artigos de investigación orixinais sobre lingüística e filoloxía nas súas distintas ramas, ocupando un lugar relevante os estudos focados sobre o galego ou de interese para o galego (traballos do campo da romanística, da lingüística xeral, traballos de corte teórico ou metodolóxico etc), así como os referidos ao portugués nas súas distintas variedades. En Anada publícase tanto un inventario da produción científica relacionada co galego e correspondente ao ano anterior a cada número como recensións críticas orixinais de traballos lingüísticos sobre o galego ou de interese para esta lingua.

Estudos de Lingüística Galega conta co selo de calidade da FECYT e aparece indexada en Scopus, ERIH PLUS, ESCI, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory, REDIB etc. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva), CARHUS+ 2014 e CIRC (Clasificación integrada de revistas científicas) categorízana como revista A, o Qualis Periodicos do sistema CAPES como A2 e en MIAR ten un ICDS de 9,4.

As linguas do portal web de Estudos de Lingüística Galega son o galego e o inglés; as linguas de publicación son galego, portugués, catalán, español, francés, inglés e italiano.

Imagen de la Página Inicial de la Revista

Novas

ELG, clasificada como A2 en Qualis Periódicos

 
Na última actualización de Qualis Periódicos (CAPES, Brasil), a correspondente a 2015, a revista Estudos de Lingüística Galega foi clasificada coa categoría A2. É salientable o ascenso de ELG nesta listaxe, xa que subiu un posto con respecto á última clasificación, na que se lle atribuía unha categoría B1.  
Enviado: 2017-08-01
 

Estudos de Lingüística Galega, revista excelente

 
ELG acaba de ser incluída no selecto grupo de revistas con selo de calidade que concede a FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología). Tal e como indica a propia fundación, "FECYT identifica, mediante convocatorias de evaluación voluntarias, a las mejores revistas de cada área". O listado completo de revistas excelentes, usando o cualificativo da fundación, pode consultarse en http://evaluacionarce.fecyt.es/documentos/ListadoSelloFECYT.pdf.  
Enviado: 2016-07-20
 
Máis Novas...

Vol 11 (2019)

Táboa de contidos

Pescuda

Sandra Pereira
 Português (Portugal)
1-27
Catarina Magro
 Português (Portugal)
29-75
Anik Nandi
 Gallego
77-101
Graça Rio-Torto, Mailson Lopes
 Español
103-136
Maria Eugênia Lammoglia Duarte, Humberto Soares da Silva
 Português (Brasil)
137-165
Maria Teresa Brocardo
 Português (Portugal)
167-196
María José Rodríguez Espiñeira
 Español
197-231
Maria José Carvalho
 Português (Portugal)
233-264
Susana Rodríguez Barcia
 Gallego
265-303
Patricia Giménez Eguíbar, M.ª Nieves Sánchez González de Herrero
 Español
305-337

Anada. Recensións

Ana Zabalza Seguín (dir.). De Engracia a Garazi. El misterio de los nombres en Navarra (Engraxitik Garazira. Izenen misterioa Nafarroan). Zizur Txikia: Aranzadi. 2018. 294 pp.
Paulo Martínez Lema
 Gallego
339-346
Neus Nogué. La nova normativa a la butxaca. Barcelona: Publicacións de l'Abadia de Montserrat. 2018. 157 pp.
Esteve Valls
 Gallego
347-352
Paulo Osório
 Português (Portugal)
353-356
Pär Larson. La lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese. Roma: Carocci editore, 2018. 139 pp.
Xoán López Viñas
 Gallego
357-364
NOGUÉ, NEUS (2018): LA NOVA NORMATIVA A LA BUTXACA. BARCELONA: PUBLICACIONS DE L’ABADIA DE MONTSERRAT, 157 PP.
Esteve Valls Alecha


Servizo de Publicacións e Intercambio Científico

Campus Vida . 15782 Santiago de Compostela . Tel (+34) 881 812 391